viernes, 1 de septiembre de 2017

CURSO 2017-2018

Benvidos a todos!

Comezamos un novo curso con moitas ganas e ilusión e sobre todo con moitas cousas novas por aprender e desfrutar,estades preparados?nós si :)

Os primeiros días sempre son un pouco duros e dalgunhas bágoas pero non pasa nada, todo isto forma parte do "período de adaptación" dos nenos á escola, co paso dos días vosos pequenos estarán súper adaptados e moi contentos de ir á escola para ver aos seus amigos e poder xogar todos xuntos.

Moitas grazas por elixir a nosa escola e confiarnos aos vosos pequenos durante este curso.

Sen máis........ arrincamos o novo curso 2017-2018 ;)


BENVIDOS